Actualízate

20 de Marzo de 2019Pontevedra

A Concellería de Promoción Económica consegue a subvención para a auditoría enerxética da Praza de Abastos

12 de Maio de 2012

A Concellaría de Promoción Económica vén de recibir unha subvención de 3.380,70 euros do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para a realización dun estudo de optimización enerxética (auditoría enerxética) do Mercado de Abastos. O importe total do traballo ascende a 4.507,60 euros, do que a Concellería achega o 25%.
A resolución foi recibida con satisfacción pola concelleira, Carlota Román, quen destacou que a solicitude tiña sido presentada co máximo rigor diante do interese de actuar para racionalizar o consumo de enerxía no Mercado de Abastos.
A concelleira socialista pontevedresa estima que estamos diante doutra mostra do traballo que se está a facer no camiño para a modernización e optimización de todos os aspectos do funcionamento da Praza de Abastos. O Mercado é unha instalación e un servizo municipal que non pode quedar ancorado no pasado, senón que debe estar sometido a un proceso de profesionalización continua en todos os aspectos do seu funcionamento diario.
A auditoría enerxética permitirá poñer en marcha un plan de aforro e eficiencia. Durante os próximos meses vaise recoller, analizar e clasificar a información do Mercado, coñecer as instalacións en canto a consumos e custos, os hábitos de consumo, as facturas eléctricas, os equipos de climatización, illamento térmico, etcétera.  
Para levar a cabo estas tarefas, realizarase unha análise de melloras segundo a información recompilada, obtendo unha listaxe de posibles medidas de eficiencia enerxética, para posteriormente avaliar o potencial de redución do consumo e custo de enerxía para cada medida identificada.
Asemade, avaliarase o custo de execución e realizarase unha valoración económica de cada medida, co fin de coñecer o período de retorno dos posibles investimentos a realizar. Deste xeito, darase prioridade ás medidas avaliadas segundo o nivel de investimento, a rendibilidade e a facilidade de execución.
O informe técnico elaborado como consecuencia da análise efectuada conterá tanto a información básica sobre as liñas de actuación prioritarias, as de carácter máis xeral, como a das máis concretas, de menor relevancia.
Os principais campos onde se aplicarán medidas de eficiencia serán o alumeado (substitución de lámpadas por leds), a climatización, a automatización de procesos, servizos e instalacións, a facturación eléctrica e a monitorización de consumos.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.03.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 11.05.2012 polo Concello de Pontevedra.