Actualízate

20 de Abril de 2019Pontevedra

A auga e a parroquia de Santo André de Xeve na terceira saída de Natureza nos camiños

18 de Outubro de 2013

A parroquia de Santo André de Xeve estará este domingo o centro da terceira saída do programa Natureza nos camiños que a Concellaría de Parques e Xardíns, que dirixe Anxos Riveiro, puxo en marcha neste outono.
Trátase dun percorrido de 12 quilómetros (un día completo) de dificultade media. Baixo o título “As fontes e as augas de Xeve” visitarase Filgueira, a praia fluvial do Canal, a ponte colgante de Calvelo, os campos das Veigas da Porta e das Touras, Ponte Bora, o río Lérez para rematar na Illa do Cobo.
Todos os percorridos deste programa serán os domingos á mañá, a partir das 10.00 horas dende a praza de España, con regreso ás 14.00 horas para aqueles que sexan dunha mañá; e ás 18.00 horas para os que sexan de día completo.
O fío condutor do programa deste ano serán os liques, fentos e brións, aínda que non faltarán as referencias a outros elementos da fauna e da flora dos bosques e doutros espazos naturais que se van visitar, xunto á interpretación de elementos da nosa historia, da literatura e da etnografía galegas.
Este ano combínanse as rutas que máis gustaron en edicións anteriores, con certas modificacións, xunto con novos percorridos por espazos practicamente descoñecidos para o gran público.
O resto das rutas serán:
• A fraga de Aboal, nos concellos de Pazos de Borbén e Mondariz
• (9 km. aprox. Dificultade media-alta);
• Tras as pegadas do raposo e do lobo no Monte Tomba (7,7 km.
• aprox. Dificultade media-alta);
• Ermelo: A estela de Diego Xelmírez (7,4 km. aprox. Dificultade
• media-alta);
• Fragas do Eume, a última gran carballeira litoral do Atlántico.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.04.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 22.10.2013 polo Concello de Pontevedra.