Actualízate

18 de Febreiro de 2019Pontevedra

372.000 euros para a rede separativa da praza de Galicia

20 de Xuño de 2014

O Concello de Pontevedra inicia este luns, 23 de xuño, o proxecto de mellora e rehabilitación integral dos servizos de saneamento, abastecemento e rede de augas pluvias da praza de Galicia e da rúa Andrés Mellado, que presenta un importante déficit nos colectores con filtracións, atascos, desbordes dos pozos... e incluso, nalgunhas zonas a rede de augas pluviais está unida á rede de saneamento.

Para resolver todos estes problemas dos servizos actuais que xa teñen moitos anos, o concelleiro responsábel do Ciclo da Auga, Raimundo González explicou esta mañá que se fará unha actuación integral en toda a praza cun orzamento de 372.000 euros dende xuño a outubro.

Instalaranse máis de 1.000 metros lineais de tubaxe, e reporanse 1.500 metros cadrados de beirarrúas, xa que toda a obra discurrirá pola beirarrúa, pero nos tramos nos que se actúe substituirase totalmente, xa que en zonas como Andrés Mellado ou a parte norta da praza de Galicia a beirarrúa é antiga.

Comezarase pola zona sur - leste - norte da praza e rematarase por Andrés Mellado.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.02.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 20.06.2014 polo Concello de Pontevedra.