Actualízate

19 de Agosto de 2017Pontevedra

O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón

24 de Febreiro de 2015

O concelleiro delegado da parroquia de Marcón, Demetrio Gómez manterá esta tarde sendas reunións co Claustro e coa Ampa do Colexio de Marcón para presentarlles o proxecto de seguranza viaria que o Concello quere facer no ámbito do centro. Na actualidade existe un problema de seguranza no espazo no que aparcan desordenadamente autobuses escolares e coches particulares, supoñendo un grave perigo para os escolares.
Ante esta situación, o Concello seguindo as propostas da Policía Local, reordenará os fluxos de tráfico no ámbito do colexio, afectando tamén ao pavillón de deportes e ao campo de fútbol.
O propósito é crear un carril de sentido único no espazo no que os autobuses e os vehículos particulares estacionan na actualidade para recoller aos nenos. Farase un carril de servizo arredor dunha isleta na que haberá unhas poucas prazas de estacionamento.
Arredor do colexio, o Concello habilitará un percorrido peonil bolardeado para garantir a seguridade dos nenos, e que poidan ir sós ao centro, se así o desexan.
Ademais, o Concello chegou a un acordo coa Comunidade de Montes para que cedera unha parcela anexa ao actual estacionamento do campo de fútbol, que se adecentará para convertirse en aparcamento para os vehículos particulares. Os pais poderán achegarse ao centro pola senda peonil que se habilitará entre o campo de fútbol e o aparcamento do colexio.
Esta actuación completarase coa instalación dun lombo nas proximidades do Pavillón parroquial.
O concelleiro Demetrio Gómez fará esta proposta á comunidade escolar para que a estuden e fagan as achegas que consideren. O propósito é poder facer esta actuación neste curso escolar.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
Máis de 300 actividades nunha nova edición do Salón do Libro
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.08.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 24.02.2015 polo Concello de Pontevedra.