Xoranda práctica de adestramento canino na Xunqueira de Alba

41

Mañá rematan as Xornadas de adestramento canino organizadas pola Concellaría que xestiona Miguel Filgueira, incluída dentro da programación de Yes, we can, coa xornada práctica organizada no parque pechado do ENIL da Xunqueira de Alba, a partir das 11.00 horas. Nesta sesión os asistentes poderán levar os seus cans e por en práctica as ensinanzas dos profesionais Diego Álvarez e Leticia Lama que impartirán hoxe pola tarde nunha sesión teórica.
A entrada a estas actividades é libre e gratuíta.
O programa “Yes, we can” persegue concienciar aos pontevedreses para reducir os abandonos e aumentar a adopción de cans sen dono. No mes de abril, iniciáronse as xornadas de chipeado de cans nas parroquias de Praceres, Salcedo e Marcón, parte de esta campaña pola sensibilización animal.