XIX edición do Festixeve

88

O Concello de Pontevedra e a Sociedade Recreativa de Xeve presentaron esta mañá o XIX edición da Festixeve que se volverá a celebrar os vindeiros 26 e 27 de xullo no lugar de Vilar de Fragoso, en Santo André de Xeve.

En ambas xornadas haberá inchables así como xogos populares para nenos durante a tarde do sábado e toda a xornada do domingo. O día 21 está prevista a actuación da charanga Foula, e unha verbena galega coa actuación dos grupos Malvela, Pachanga galega, O Sonoro Maxín e Picadiscos.

O domingo, 27 de xullo, está prevista a actuación de Olodum do Coio.

A concelleira de Festas, Carme da Silva destacou a importancia de que o Concello apoie este festival que se ven celebrando ano tras ano por iniciativa dos veciños de Xeve. Alabou o esforzo da Sociedade Recreativa de Xeve en organizar esta actividade, e agradeceu a súa sistematica participación en todos os actos festivos e culturais do concello como o Entroido, xa que se encargan de facer o Ravachol, ou na Feira Franca.