Xa está aquí o Galegote Rock!

58

Mañá comezan os primeiros concertos da terceira edición do Galegote Rock, unha proposta da Concellaría de Normalización Lingüística en colaboración coa Sala Karma, que pretende achegar a mellor música das bandas galegas ao público habitual dos concertos ao vivo en salas comerciais, así como promocionar os grupos profesionais que cantan na nosa lingua.
A partir das 22.00 horas, actuará de balde, no Pequeno Karma, a Banda do Terror, e a partir das 00.00 horas o DJ O Xabarín de Bora.
A programación para o venres e o sábado é a seguinte:
• Venres, 25 de abril: Na Sala Karma. Concerto: 22.30 horas. Entrada: 4 euros.
o Machina
o Transilvanians
No Pequeno Karma. A partir das 00 horas. Entrada de balde.
o Fillo do Fiusa DJ (sesión indie-rock de bandas galegas)
• Sábado, 26 de abril. Na Sala Karma. Concerto: 22.30 horas. Entrada: 4 euros
o Frenaso no Calsonsillo
o Familia Caamagno
No Pequeno Karma. A partir das 00 horas. Entrada de balde.
o DJ Nano Vinilo (rock-indie e clásicos de bandas galegas)

Venda de entradas: O mesmo día na Sala Karma; pódense reservar en produccionsalakarma@gmail.com