Volven as andainas!

88

A Concellaría de Medio Ambiente, Anxos Riveiro, presentou esta mañá unha nova edición das Andainas que ofrece trece saídas a dez lugares distintos de Pontevedra e da súa comarca os sábados e domingos a partir do 4 de marzo. O obxectivo é coñecer a riqueza natural e patrimonial da comarca de Pontevedra a través de visitas guiadas, que permitirán mellorar a forma física das persoas que participen.

Poderán inscribirse en inscricions@pontevedra.eu ou no número de teléfono 986 80 43 00 ext 7584. As recomendacións son levar calzado cómodo, e non é preciso estar nun grande estado de forma dado que as andainas son perfectamente asequibles para todas as persoas sanas.

Se queres coñecer as propostas deste ano descarga este pdf:

Ver documento PDF