Volve o Galegote Rock, da man da mellor música galega

78

A Concellaría de Normalización Lingüística volve a organizar o festival Galegote Rock, que este ano chega á súa terceira edición os vindeiros 24, 25 e 26 de abril. O Galegote Rock é un ciclo de concertos de bandas galegas que busca achegar a música de calidade en galego ao público habitual dos concertos ao vivo en salas comerciais, así como promocionar os grupos profesionais que cantan na nosa lingua.
A programación destes días é a seguinte:

• Xoves, 24 de abril: No Pequeno Karma. Entrada de balde.

o Banda do Terror ás 22 horas.
o DJ O Xabarín de Bora (clásicos do rock, especial Xabarín) a partir das 00 horas.
• Venres, 25 de abril: Na Sala Karma. Concerto: 22.30 horas. Entrada: 4 euros.
o Machina
o Transilvanians
No Pequeno Karma. A partir das 00 horas. Entrada de balde.
o Fillo do Fiusa DJ (sesión indie-rock de bandas galegas)
• Sábado, 26 de abril. Na Sala Karma. Concerto: 22.30 horas. Entrada: 4 euros
o Frenaso no Calsonsillo
o Familia Caamagno
No Pequeno Karma. A partir das 00 horas. Entrada de balde.
o DJ Nano Vinilo (rock-indie e clásicos de bandas galegas)

Venda de entradas: O mesmo día na Sala Karma; pódense reservar en produccionsalakarma@gmail.com

Máis información: Marcos Rivas (Sala Karma): 693 61 04 91

www.salakarma.com
www.myspace.com/salakarma
salakarma@gmail.com