Visita a San Amaro seguindo a Memoria das mulleres

77

A Concellaría de Patrimonio Histórico e Cultural, que xestiona Luís Bará, organiza este domingo, 21 de decembro, unha visita ao Cemiterio de San Amaro, facendo un percorrido histórico-artístico con referencia á memoria das mulleres.
A visita, para a que non é precisa inscrición previa, comezará ás 11.30 horas dende a entrada principal do camposanto.