Unha xornada para degustar os productos ecolóxicos da contorna

75

O Centro Social Leste acolle este sábado, de 10.00 a 14.00 horas unha xornada de mostra de productos ecolóxicos dos pequenos productores de Pontevedra e da súa comarca, unha xornada aberta a toda a cidadanía. Celébrase á zona Leste debido a que xa ten unha traxectoria de traballo e formación en productos ecolóxicos, e dispón de horta urbana. O Centro Social Leste mantén unha colaboración constante coa Concellaría de Consumo, que xestiona Anxos Riveiro, organizadora da xornada en colaboración coa Asociación de Productores Ecolóxicos de Galicia (APEG).
A programación inclúe dúas charlas: unha ás 11.00 horas sobre “A horta ecolóxica”, e outra ás 13.00 horas sobre “Os valores da alimentación ecolóxica”.
Tamén está previsto un obradoiro infantil de 10.30 a 13.30 horas, así como unha degustación de productos ecolóxicos –durante toda a mañá- no propio Local social.
Esta xornada conta co apoio de distintos restaurantes da cidade que ofrecerán un menú ecolóxico: Loaira, Cafetín, A punto, Bagos e Tienda de Clara.

Ver documento PDF