Una nova edición de Ben veñas maio

47

A Concellaría de Normalización Lingüística presentou esta mañá unha nova edición do programa Ben veñas maio, que nesta edición organiza o IES Frei Martín Sarmiento. Ao igual que en anos anteriores, trátrase dun programa pensado para alumnos de ESO no que se ofertan distintos concursos (música, relato, poesía…). A entrega de premios está previsto para o 10 de maio, polo que o 31 de marzo remata o prazo para a presentación de propostas.

Demetrio Gómez, concelleiro delegado da área, agradeceu o traballo do profesorado que amosa un compromiso de moitos anos con este modelo cultural que posibilita realizar actividades en galego, nun momento que fai moita falta ofrecer espazos nos que a mocidade se poida desenvolver en galego.

Ver documento PDF