Terceira edición do programa de compostaxe caseira

78

A Concellaría de Servizos, que xestiona Carme da Silva, pon en marcha a terceira edición do programa Compostaxe caseira, en colaboración coa Asociación medioambiental Adega. 

Segundo explicou esta mañá a concelleira Carme da Silva, nesta edición farase nas parroquias de Santa María e Santo André de Xeve, Verducido e Cerponzóns.

As persoas interesadas deberán inscribirse dende mañá, 29 de maio até o 13 de xuño, sempre e cando sexan veciños das parroquias beneficiadas. Deberán achegar un volante de empadronamento, que teñan horta ou xardín, e aceptar as condicións do programa que consiste en recibir unha charla conxunta o vindeiro 17 de xuño, ás 20.00 horas, no Pazo cando recollerán o composteiro.

Nesta edición entregaranse 60 composteiros (inicialmente) e tamén se farán visitas ás vivendas que participen para informarlles de como traballar co composteiro, como facer o compost, e resolver todas as dúbidas que se presenten.

Ver documento PDF