Segunda fin de semana de Noites Abertas no Entroido

59

A programación de Noites Abertas para esta fin de semana é a seguinte:

Venres, 7  de marzo

• FROEBEL
o 20-22h. Patinaxe Free style
o 20,30-00h. Tenis de mesa libre
o 21-23,30h. Xoiería Quilling: colgante libélula
o 21-23,30h. Pintura Plakastil
o 21-00h. Postres do mundo: centro e suramericanos
o 21,30-23,30h. Cestaría de papel

• CASA AZUL
o 20,30-22h. Navegación segura en Internet: redes sociais, compras…
o 20,30-00h. Graffiti (iniciación)
o 21-23h. Telenoites
o 21,30-23,30h Relaxación divertida

• LOCAL DE MÚSICA
o 20-22h. Batería (iniciación)
o 22-00h. Coro moderno (iniciación)

• PAVILLÓN MUNICIPAL
o 21-23h. Defensa persoal. Hapkido


COUSAS QUE TES QUE SABER SOBRE AS ACTIVIDADES
• De balde: todas as actividades son gratuítas.
• Prazas dispoñibles: algunhas actividades teñen límite no nº de participantes para o que se farán sorteos das prazas se chegado o caso hai máis participantes ca prazas dispoñibles.
• Inscrición previa: algunhas actividades requiren inscrición previa na Oficina de Xuventude chamando ao 986 100 185 ext. 7491 e 7492 (de 9 a 15h) ou xuventude@pontevedra.eu : observación astronómica, anelamento de aves, obradoiro de instrumentos vexetais, IITorneo de Magic NNAA: Legacy, excursión ao skatepark. Acceso sen inscrición sempre que quedaran prazas dispoñibles.
• Debes levar…  fíxate nas iconas dalgunhas actividades, son avisos importantes do que tes que saber antes de acudir á actividade.
• As idades: respecta as idades ás que van orientadas. Todas as actividades van dirixidas a mozos e mozas de 12 a 30 anos, agás as que se dirixen a mozos/as maiores de:
◦  14 anos (esgrima e loita escénica, obradoiro de sexualidade, tiro con arco, navegación segura en Internet,  representación teatral "Hámster", coro moderno, fotografía-lomografía, fotografía analóxica e tradicional, retoque fotográfico dixital, álbum dixital, retoque fotográfico, creando blogs fotográficos).
◦ 16 anos (con trapos e trapillos, alfombras, danzas do mundo, Love coaching: obradoiro de ligue, "Descobre o teatro por dentro", coiro, masaxe tailandesa, mecánica básica e mantemento de bicis, fixies: bicis de piñón fixo, cociña vegana, apetitivos: pintxos e tapas, adestramento canino).
◦ 18 anos (desinhibición de rúa, risoterapia, danzaterapia e defensa persoal-hapkido).

CARNÉ DE SOCIO/A:
Fai o teu carné de socio/a. Non é requisito para entrar nas actividades pero permíteche participar nos sorteos de bonos de libros ademais de obter información de primeira man sobre as actividades que organiza  o Concello de Pontevedra para a mocidade ao longo de todo o ano.