Reunión con veciños de Mourente e Bora polo saneamento

65

O concelleiro delegado das parroquias de Mourente e Bora, Miguel Filgueira mantén esta tarde unha reunión con veciños dos lugares de Pazo, Eirós e Carabelos, na parroquia de Mourente; e Teso, Corbal e Leirado, na parroquia de Bora. Será a partir das 20.30 horas no Local social de Cons.
Explicaralles que o Concello iniciou o cumprimento do acordo plenario sobre a instalación do saneamento nestes lugares. O acordo plenario instaba a Fomento a cumprir o convenio do ano 2009 sobre a mellora da estrada de Ourense (xa está remitido a Fomento); á Xunta para axudar a financiar o terceiro convenio de saneamento (tamén está remitido), e o Concello comprometíase a redactar os proxectos de saneamento para o cal xa consignou 50.000 euros.