Retiran a porta principal e traseira da Casa Consistorial para restauralas

85

As obras de rehabilitación da Casa Consistorial continúan transformando a imaxe do edificio. Nas últimas semanas a empresa adxudicataria Ediserpo iniciou os traballos de instalación da carpintería exterior: de madeira e cor verde, tal e como estaba orixinariamente no edificio. De feito, na primeira planta do edificio xa se pode ver a nova carpintería de madeira e na práctica maioría do soto, onde se atopa o Arquivo municipal.
Na xornada de hoxe retiráronse as portas principal e traseira do edificio que se someterán a un importante proceso de restauración dado o seu importante valor patrimonial e histórico. Mentres o Concello presentará un aspecto ben distinto durante unhas semanas, á espera de completar toda a carpintería exterior.