Rematada a primeira fase de mellora da subida á igrexa de Mourente

69

O alcalde de Pontevedra e o concelleiro delegado da parroquia de Mourente, Miguel Filgueira visitaron esta mañá as melloras realizadas na estrada de subida á igrexa de Mourente, que remataron nestas semanas.
Trátase dun primeiro proxecto cuxo investimento que se achegou aos 400.000 euros que contemplou o retranqueo de muros para a ampliación da estrada nalgúns puntos, a instalación de toda a rede de recollida de augas pluviais, así como unha pavimentación provisoria e a retirada de elementos obsoletos no trazado desta estrada.
Para a vindeira anualidade está previsto un segundo proxecto até completar un investimento total de 600.000 euros coa pavimentación definitiva da estrada, a implantación de medidas de seguranza viaria, sinalización horizontal e vertical, e a creación dun espazo para peóns nun dos laterais da estrada que estará ben diferenciado.