Redeaxuda recibe arredor de dúas toneladas de produtos do Surfing the Lérez

88

A pasada fin de semana, Redeaxuda montou un stand na celebración de Surfing the Lérez co propósito de recoller produtos reclamados polas entidades sociais coas que colabora. O stand foi instalado de 12.00 a 20.00 h, e pedíase alimentos e produtos hixiénicos para homes e mulleres.
Houbo unha avalancha de xenerosidade de todos os que se achegaron a gozar do festival e recibíronse todo tipo de produtos: galletas, café, cacao; produtos hixiénicos, cueiros…
Máis de 10 furgonetas totalmente cheas partiron dende o festival ao almacén da Redeaxuda, na Casazul, onde aínda se está a contabilizar o montante total das doazóns. Estímanse unhas dúas toneladas de produtos, sen contar 300 litros de leite que na mesma noite do sábado partiron para a asociación Rexurdir Provincial, que xa carecía de leite para os almorzos.
Os traballadores de Casazul estiveron toda esta mañá traballando na clasificación dos produtos recibidos, labores que rematarán mañá, xa que está previsto que o mércores as entidades sociais pasen a recoller os lotes reclamados. Serán Cáritas, Amigos de Galicia; Rexurdir, Calor y Café, Club de Leones e Meniños.
Dende a Concellaría de Benestar Social Municipal, quérese agradecer a enorme mostra de xenerosidade de todos os que participaron no Surfing the Lérez, o que amosa que Pontevedra segue a ser unha cidade xusta e concienciada coas necesidades dos seus conveciños.