Redeaxuda fai balance de 2013 e estuda propostas de novas accións

71

A Concellaría de Benestar Social Municipal celebra esta tarde, na Casazul, unha reunión organizativa de Redeaxuda onde se vai analizar a campaña do Nadal, o estado actual da rede, propostas de novas accións e xestión das entregas á rede.
Por parte da concelleira Carmen Fouces, responsábel de Benestar, informarase do programa de voluntariado que se pretende pór en marcha, así como dos proxecto que se impulsan dende os Servizos Sociais e Muller para as persoas máis vulnerables.
Tamén se dará conta do inicio da Campaña do Banco de Libros de Texto, despois da aclaración da Consellería de Educación dos últimos días, onde se comprometeu  a manter os manuais actuais.