Racionalización gasto público: acordo Xunta Goberno Loureiro Crespo, Barredoira e Museo Historia

95
A Xunta de Goberno Local aprobou esta maña a paralizacion da contratacion de tres contratos que estaban en marcha. Tratase da reforma urbana de Loureiro Crespo/Avd. de Lugo/Castañal, a merca dunha varredoria e a paralizacion do Museo da Historia. O portavoz do Concello, Raimundo Gonzalez, tamen concelleiro de Economia e Facenda lembrou que estas medidas xa anunciadas polo Goberno Local estan na liña de contencion do gasto acordado previamente.

A reforma urbana de Loureiro Crespo e un proxecto que ten catro anos de historia, dende que o alcalde Miguel Anxo Fernandez Lores asinou un convenio coa enton Conselleria de Vivenda. Neste acorto o Concello comprometiase a achegar 1 millon de euros para a reforma do barrio dos Salgueiriños e a Xunta, 4 millons para o resto do barrio.

Coa chegada de Alberto Nuñez Feijoo a Xunta, este convenio quedou paralizado, e o Concello concluiu que asumiria en solitario a obra, de feito sacouse a contratacion o proxecto por preto de 4 millons de euros.

A situacion economica actual e as medidas de contencion e racionalizacion do gasto obriga a parar a contratacion deste proxecto, e acordouse executalo por fases. Raimundo Gonzalez asegurou que segue sendo un proxecto necesario e prioritario para o Goberno Local “debese executarse por fases, debido a situacion economica”.

O segundo dos contratos parados e a compra dunha varredoria por valor de 120.000 euros para o servizo de Parques e Xardins. Este investimento sera empregado polo servizo para a compra doutros equipos necesarios para abordar grandes areas verdes como a Illa do Cobo, o novo parque de Campolongo ou o Miradoiro de Monte Porreiro.

O terceiro dos proxectos parados por mor da situacion economica actual e o Museo da Historia de Valentin Garcia Escudero. E un proxecto de 9.892.000 euros, para os cales estaba prevista unha primeira fase de 3.335.000 euros e un orzamento para o presente ano de 715.000 euros.

O acordo ao que se chegou cos veciños e residentes da zona monumental e empregar a financiacion deste ano para a consolidacion dos achadegos arqueoloxicos (traballo para o que se manten contactos con Patrimonio da Xunta de Galicia) e a recuperacion do espazo para lecer dos veciños e visitantes do casco vello.