Programa de entroido 2015

255

Representación dos entroidos tradicionais

• Sábado, 31 de xaneiro: 12.00 horas. Pasarrúas das  Madamas e Galáns de Cobres
• Sábado, 7 de febreiro: 17.00 horas. Pasarrúas dos Caretos de Podence


Venres, 13 de febreiro
• 20.00 horas. Praza da Verdura. Degustación de filloas de Entroido
• 21.00 horas. Praza da Verdura. Urco, rei do Entroido, chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Amoriños de Bora, Os da Caña, Clave de Sol, Las Flores del Carnaval, Os Paparrulos, Os Solfamidas, Os do Val do Lérez, onde será recibido polo alcalde.
• Lectura do pregón  a cargo de Amoriños de Bora

Sábado, 14 de febreiro
• 11.00 horas. Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos
• 16.00 horas. Rúa Xosé Malvar. Concentración dos  participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación.
• 17.00 horas. Desfile do Entroido. Saída dende a rúa Xosé Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda
• 20.00 horas. Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.

Luns, 16 de febreiro
• De 10.00 a 20.00 horas. Primeiro Campamento Urbán “Entroido Pirata”. Para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros  Enríquez). Teléfono: 986 851 670.
• 17.30 horas. Praza de Méndez Núñez. Obradoiro Pirata
• 19.30 horas. Praza da Peregrina. Presentación do loro Ravachol. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación: Grupo Foula.
• 21.00 horas. Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXIV Concurso de Murgas.

Martes, 17 de febreiro
• De 10.00 a 20.00  horas. Primeiro Campamento Urbán “Entroido Pirata”. Para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros  Enríquez) teléfono: 986 851 670.
• 16.30 horas. Concurso de Filloas Vialia-Estación de Pontevedra. Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra.
• 17.00 horas. Praza da Ferraría.  Festa Pirata de Entroido Infantil. Animación infantil con Rivel,  e varios DJ
• 22.00 horas. Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado Pirata! Únete ao Pirata da Moureira! Participación das agrupacións:
Asociación Combrus e Troula
A continuación animación de rúa coas comparsas:
Os da Caña
Solfamidas
Las Flores del Carnaval
Os Cientolos
Os Paparrulos
Amoriños de Bora
Val do Lérez
Clave de Sol
Vamos a Todo

Mércores, 18 de febreiro
• 17.00 horas. Praza da Peregrina. Obradoiro: “As Máscaras de Ravachol”
• 18.00 horas. Discoteca El Sarao. Baile de disfraces para persoas maiores. Orquestra Bahía.
• 19.00 horas. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade. Actuación de Foula
• 21.00 horas. Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XXIV Concurso de Murgas

Xoves, 19 de febreiro
• 21.00 horas. Pazo da Cultura. Final do XXIV Concurso de Murgas

Venres, 20 de febreiro
• 23.00 horas. Prazas e rúas da cidade. XX Mostra da Parodia do Entroido
• 02.00 horas. Praza da Ferraría. Entrega de premios da XXIV Mostra da Parodia do Entroido.

Sábado, 21 de febreiro
• 12.00 horas. Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo
• 18.00 horas. Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso
• 21.00 horas. Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e as comparsas Val do Lérez, Amoriños de Bora,  Os Paparrulos, O Cientolos, Os Solfamidas, Las Flores del Carnaval e Vamos a Todo e Os da Caña percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría
• VELADA INFAUSTA. Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Praza da Ferraría. Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico.
Programa:
1º Introito coa lectura dunha elexía para o finado
2º Celme, danza da morte
3º Os de Algures: Perfecto Feijoo na  Memoria da Boa Vila
4º Val do Lérez
5º Incineración  do loro Ravachol

Domingo, 22 de febreiro
• 17.00 horas. Campo da festa de Cabaleiro. Recuperación do entroido tradicional de Campañó. A Corrida da Rosca.


III Xornadas sobre o entroido de Galiza
• Exposición sobre o Entroido de Galiza. Os 27 e 28 de febreiro do CITA. De 11.00 a 21.30 horas.  Ás 17.00 horas Visita guiada
• Venres, 27 de febreiro
o 18.00 horas Apertura das xornadas
o 18.15 horas Presentación das Actas das II Xornadas sobre o Entroido de Galiza. Rafael Quintía (SAGA)
o 18.30 horas Conferencia de Xosé Fuentes Alende: “Entroido tradicional de Campañó. A Corrida da Rosca”
o 19.00 horas Conferencia de Hector Salgado: “O bombo no Entroido de Laza”
o 20.00 horas Conferencia de Carlos Ares: “Viana do Bolo: Cen anos de Entroido”
o 21.00 horas Mesa redonda e coloquio
• Sábado, 28 de febreiro
o 18.30 horas Presentación do libro A danza dos Labregos. Estudo do Entroido de Marcón. Por Xosé Anxo Rosales
o 18.45 horas Presentación  de “Os Xenerais da Ulla. Unidade didáctica para educación infantil e primaria” intervén Carmen Sánchez (Etnoga)
o 19.00 horas Conferencia de Xenaro Santomé: “Pinténs: Entroido no Hío”
o 20.00 horas Conferencia de Suso Fariñas: “O Entroido da Limia”
o 21.00 horas Mesa redonda e coloquio
o 21.15 horas Actuación musical a cargo de Carmen Gallego e Cesar Loureiro
o 21.30 horas  Clausura das Xornadas

BASES DO DESFILE DO ENTROIDO

As comparsas compoñeranse dun mínimo de 20 persoas que irán acompañadas de instrumentos musicais e interpretarán cancións carnavalescas ou pasarrúas durante o desfile. A maioría dos seus compoñentes deben ir a pé. Os nenos e nenas que participen no desfile non poderán entrar no concurso a non ser que estean integrados nunha comparsa ou cun grupo de adultos. O xurado terá en conta o vestiario, a animación de rúa e a calidade musical.
Os disfraces premiados daranse a coñecer durante o transcurso da verbena do Entroido, que se celebrará na noite do sábado 14 na praza da Ferraría. Os premios deberanse recoller de xeito obrigatorio cos mesmos disfraces cos que foron premiados. Ademais levarán a tarxeta de inscrición e mais o DNI.
Para valorar os disfraces, o xurado terá en conta non só a categoría do disfrace, senón tamén a participación activa e humorística durante o desfile. Haberá un premio especial do Entroido consistente no Ravachol 2015 para aquela comparsa ou grupo que, a xuízo do xurado, reúna especiais características no conxunto. Este premio poderá quedar deserto.
O xurado resérvase o dereito a descualificar aquelas persoas con disfraces que, ao seu xuízo, poidan resultar ofensivos, de dubidosa interpretación ou que non cumpran as normas que ao longo da comitiva vaia transmitindo o persoal de organización, que irá debidamente identificado.
Os participantes, no momento da súa inscrición, deberán facer constar en que modalidade queren participar: facha ou disfrace. Todos os participantes deberán estar anotados antes das 16.30 horas do sábado 14, día do desfile, momento no que se realizara o sorteo da orde de saída. A concentración e inscrición de todos os participantes no desfile de Entroido realizarase na rúa Xosé Malvar.
A orde de participación das comparsas no desfile determinarase logo dun sorteo.
Os grupos sobre camións – góndolas ou grandes plataformas non poderán exceder o ancho da propia góndola ou plataforma nin sobrepasar os 4 metros de altura , e en calquera caso todos os participantes do Entroido adaptarán as súas estruturas ao trazado por onde transcorre o desfile.
A participación supón a plena aceptación destas bases. Os participantes deberán inscribirse na modalidade axeitada. A decisión do xurado será inapelable.

Premios do desfile do entroido

INDIVIDUAIS DISFRACE FACHAS
1º Premio 250,00 € 250,00 €
2º Premio 150,00 € 150,00 €
3º Premio 120,00 € 120,00 €
 
PARELLAS DISFRACE FACHAS
1º Premio 350,00 € 350,00 €
2º Premio 230,00 € 230,00 €
3º Premio 200,00 € 200,00 €

 
GRUPOS DISFRACE FACHAS
1º Premio 2.400,00 € 2.400,00 €
2º Premio 1.700,00 € 1.700,00 €
3º Premio 1.200,00 € 1.200,00 €
4º Premio 900,00 € 900,00 €
5º Premio 500,00 € 500,00 €
 
COMPARSA 
1º Premio 2.400,00 €
2º Premio 1.800,00 €
3º Premio 1.600,00 €
4º Premio 1.150,00 €
5º Premio 850,00 €
6º Premio 500,00 €

 

BASES DO CONCURSO DE MURGAS

Deben estar compostas por un número mínimo de cinco persoas e un máximo de vinte e terán que ir acompañadas de calquera tipo de instrumento.
Aquelas que desexen participar deberán realizar a súa inscrición no Servizo de Cultura (rúa  Churruchaos nº 2 – 1º andar) antes das 13.00 horas do venres 13 de febreiro.
Os/as integrantes de cada murga só poden participar única e exclusivamente nunha.
A orde para a interpretación das cancións de cada unha das murgas quedará establecida mediante un sorteo que se celebrará o sábado día 14 de febreiro ás 13.00 horas no Servizo de Cultura (rúa Churruchaos nº 2 – 1º andar) ao que debe asistir un representante de cada  murga.
O tempo destinado a cada actuación é de 30 minutos como máximo. Poderá ser inferior se cada murga o desexa así.
As cancións que se interpreten serán de temática libre e adaptadas ao estilo do Entroido. Valorarase a contribución humorística na actuación.
Cada murga recibirá 200 euros como gratificación pola súa participación.
No caso de que a participación exceda de cinco murgas, celebraranse dúas eliminatorias que terán lugar no Pazo da Cultura o luns día 16 de febreiro e o mércores día 18 de febreiro ás 21.00 horas, a final será o xoves 19 de febreiro ás 21.00 horas.
Calquera aspecto non contemplado nestas bases resolverao o xurado. O feito de presentarse ao concurso supón a aceptación destas bases e mais a conformidade coa decisión do xurado, que será inapelable.

PREMIOS DO CONCURSO DE MURGAS
1º Premio 1.200 €
2º Premio 1.050 €
3º Premio   900  €
4º Premio 750 €

 

BASES DA MOSTRA DA PARODIA

No concurso da Mostra da Parodia valorarase a orixinalidade e a novidade, tanto dos disfraces como das parodias que se representen.
Cada grupo participante representará a súa parodia nunha praza ou rúa da cidade, que se decidirá logo de celebrar o correspondente sorteo.
A inscrición para participar nesta mostra remata o martes 17 de febreiro, ás 13.00 horas, no Servizo de Cultura  (rúa Churruchaos nº 2 – 1º andar).
Os grupos participantes comezarán a súa representación a partir das 23.00 horas do venres 20 de febreiro, no lugar previamente asignado.
Ás parodias sobre camións – góndola ou grandes plataformas asignaráselles, igualmente por sorteo, un espazo na rúa de Benito Corbal ou praza de España.
A entrega dos premios celebrarase ás 02.00 horas na praza da Ferraría.
PREMIOS XX  MOSTRA DA PARODIA DO ENTROIDO
1º Premio  1.300 € + Ravachol 2015
2º Premio  1.000 €
2º Premio  1.000 €
3º Premio  700 €
3º Premio  700 €
3º Premio  700 €

 

PREMIOS DO CONCURSO DE FILLOAS

1º Premio  450 €
2º Premio  300 €
3º Premio  180 €
4º Premio  120 €  (á mellor presentación)
5º Premio……………………………………    Vale por unha lacoada doado por Supermercados Froiz

Tres cheques – compra doados polo Centro Comercial Urbano-Zona Monumental
ORGANIZA: Radio Voz
PROMOVE: Concello de Pontevedra
COLABORAN: Supermercados Froiz, Vialia-Estación de Pontevedra, Centro Comercial Urbano-Zona Monumental, exalumnos da Escola de Hostalaría Carlos Oroza, tendas de decoración Loxa,  Zapatillaría Lola e escola de baile Pasos.

 

XORNADAS GASTRONÓMICAS
Distintos establecementos hostaleiros ofrecerán degustacións e menús típicos do Entroido.
Coa colaboración do Centro Comercial Urbano-Zona Monumental.