Primeiro paso para reparar os colectores e selar os pozos do saneamento do Gafos

76

O Concello de Pontevedra participou esta mañá na Comisión de seguimento do convenio do saneamento do rural que rematou co acordo con Augas de Galicia para executar o proxecto que o Concello presentou o pasado 14 de marzo. “Que non é outra cousa, que o acordo ao que chegaron o alcalde e o conselleiro de Medio Ambiente en agosto do ano pasado”, explicou Raimundo González, responsábel do Ciclo da auga.
O proxecto consiste na reparación e substitución dos colectores e na impermeabilización dos pozos ou substitución por outros estancos. E consta de dous tramos: entre a avenida da Estación e Otero Pedraio, e entre Otero Pedraio e Lusquiños.
“É o primeiro paso, importante, para pechar o convenio de saneamento entre o Concello e a Xunta”, apunto Raimundo González.
O segundo paso será elaborar o proxecto, que lle corresponde ao Concello de Pontevedra, que o fará o antes posible. Logo de consensuar o proxecto, será a Xunta a que licite e adxudique a obra.