Primeiro contacto do Concello coa nova directiva de Palleiros

70

A concelleira responsable da área de Sanidade, Pilar Comesaña mantivo onte unha reunión coa nova directiva da Asociación Palleiros que xestiona a canceira municipal. Tratouse dun encontro cordial e de presentación, dado que a nova directiva acaba de tomar as rendas da xestión da asociación.

Na reunión fíxose un repaso do traballo conxunto do Concello coa Asociación e reforzouse a liña de colaboración entre ambos. Tamén se fixo un seguimento das campañas que se iniciaron recentemente e que están dando moi bos resultados en relación á doación.