Premios aos mellores relatos feitos en familia

81

O concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez entrega esta tarde, a partir das 19.00 horas os premios do II Certame de Relato Curto que a Federación de Nais e Pais de Pontevedra organiza en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística, a Deputación de Provincial, a editorial Kalandraka, o Diario de Pontevedra, Gadis e Novagalicia Banco
O certame estaba dirixido ao alumnado de primaria, secundaria, bacharelato dos centros públicos da provincia de Pontevedra e aos adultos que convivan con eles.
Nesta edición houbo unha participación de 445 relatos, repartidos do seguinte xeito:
• Primaria: 226
• Secundaria: 116
• Bacharelato: 30
• Adultos: 62
• Excluídos: 11

Os relatos gañadores foron:
• Na categoría de primaria: Un duro día no salvaxe oeste de Miguel Bouzas Rodríguez, do CEIP Cabanas de Pontevedra
• Na categoría de secundaria: Quen di adeus non verá o mañá de Eugenia García Magaña do IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa
• Na categoría de bacharelato: Memorias da guerra de Ricardo Rodiño Balboa do IES Vilalonga de Sanxenxo
• Na categoría de adultos: Agás el de Roberto Antón Santiago CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra
Os relatos gañadores e finalistas (100, en total) foron publicados nun libro pola editorial Kalandraka e todos os participantes recibirán esta tarde un exemplar do libro e o seu diploma correspondente.
Os gañadores (1 por cada categoría) recibirán ademais:
• un vale de 200 euros,
• un lote de libros de Kalandraka
• unha lámina autenticada polo ilustrador do libro, Pablo Otero.
O xurado estivo formado por 2 escritores, 2 filólogos e 3 representantes da editorial. O acto estará presentado polo xornalista, Óskar Viéitez.
A FANPA, ademais de representar e defender os dereitos e intereses das nais, dos pais e do alumnado dos centros públicos, tamén realiza gran variedade de actividades destinadas ao alumnado e ás familias e trata de fomentar e promover a cultura e, en particular, o idioma galego.
Este certame ten como obxectivo estimular o uso do galego nas familias a través da creatividade en lingua galega.  
Esta é a segunda edición dun certame que a FANPA de Pontevedra puxo en marcha no curso pasado, dirixido ás ANPA dos centros do concello de Pontevedra, grazas ao apoio da Concellaría de de Normalización Lingüística. Este ano o certame abriuse á participación de toda a provincia de Pontevedra.  
 

Ver documento PDF