Posta a punto do Teatro Principal

86

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o arranxo da fachada e do tellado do Teatro Principal por valor de 148.908,96 euros. Segundo explicou esta mañá o portavoz do Goberno, Raimundo González Carballo a intervención é unha posta a punta desta infraestrutura cultural da cidade para atallar as humidades que se perciben nalgunha das paredes do edificio.

 

Eficiencia enerxética en Domingo Fontán

A Xunta de Goberno tamén aprobou esta mañá a adxudicación á empresa Setga o proxecto de eficiencia e aforro enerxético da rúa Domingo Fontán, dende a autoestrada até a Pabillón de Deportes. O orzamento deste proxecto é de 100.492,92 euros.