Pontevedra colabora coa Asociación de ayuda ao Sahara no programa Vacacións en paz

173

O Concello de Pontevedra colabora este ano coa Asociación de axuda ao Sahara no programa "Vacacións en paz"  polo cal viaxan a Galiza nenos que viven nos campamentos do sahara para pasar o verán. A colaboración do Concello consiste en pagar os billetes de ida e volta dos nenos, que viaxan a Galiza tanto para pasar o verán lonxe dos máis de 50 graos á sombra que teñen que soportar nos campamentos no verán e tamén para realizar distintas revisións médicas en virtude do acordo asinado co Sergas. Tamén se aproveita a viaxe para coñecer outra realidade distinta á súa e dar a coñecer as reivindicacións do Fronte Polisario a través dos nenos que son os seus mellores embaixadores.

As familias interesadas en ser acolledoras durante este verán poderán dirixirse á Casazul ou ben informarse no teléfono da asociación (986 26 26 37) no que se explicarán os requisitos para acoller a un menor, que están en Galiza durante dous meses.