Actualízate

21 de Maio de 2012Pontevedra

Pontevedra acolle por primeira vez unha competición oficial de canicross e bikejoring

15 de Febreiro de 2012

Pontevedra acolle por primeira vez unha proba da Liga Galega de Canicross e Bikejoring, dúas especialidades deportivas encadradas no mushing, é dicir nos deportes que se practican con cans de tiro. Na primeira disciplina o deportista que guía ao can corre a pé e na segunda faino en bicicleta.
O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández González, presentou a proba, que se celebra este sábado nun circuíto no espazo natural da Xunqueira de Alba, acompañado dos membros da Asociación de Cans Deportistas (ACADE), Julio Vázquez e Roberto Salvado. Ámbolos dous, que acudiron acompañados dos seus respectivos cans, participarán nas probas. Salvado, que é tamén membro da Federación Galega de Deportes de Inverno, ostenta o campionato de España na categoría de Veteranos 40 e xa quedou oitavo do mundo e noveno de Europa.
Durante a presentación explicouse que o canicross consiste en correr atado ao teu can cun material especial. O material consiste nun arnés de tiro, unha liña de tiro cunha parte elástica que protexe dos ás costas dos tiróns e un cinto ancho duns 7 centímetros e debidamente acolchado. Realízase por zonas de terra para non danar as almofadiñas das patas dos cans. O bikejoring ten a mesma mecánica, pero neste caso o musher (a persoa que dirixe ao can) vai sobre unha bicicleta, algo que obriga a un maior control debido ás altas velocidades que se acadan.
A Liga Galega de Canicross e Bikejoring está composta por seis probas, que comezan en novembro en Ares e rematan en marzo na Estrada. Celebra a súa terceira edición e incorpora a Pontevedra. O circuíto local está considerado entre os cómodos, dado que carece de fortes pendentes. A cambio ofrece unha paraxe natural fermosa, ao pé dunha cidade e cunhas pistas de terra en moi bo estado. Ademais, conta co espazo para recreo de cans que foi aberto durante o pasado mandato municipal.
Agárdase a participación duns 30 equipos (home-can) de canicross e de media ducia de bikejoring.As distancias a cubrir son de 6 Km e 4 Km respectivamente. A maiores haberá probas en categorías Infantil, Cadete e Xuvenil. Entre os participantes contaremos con Oscar Piñeiro, actual campión de España sénior e líder da Liga Galega e a Copa de España. Roberto Salvado actual campión de España veterano de de 40 e Alejandro Gomez exatleta olímpico.
Os horarios da competición son os seguintes:

10.00 horas: Comprobación de documentación (cartilla, material, seguros).
11.00 horas: Reunión informativa.
11.15 horas: Proba popular.
11.30 horas: Canicross Cadete e Xuvenil.
12.00 horas: Canicross Liga Galega.
12.45 horas: Bikejoring Liga Galega.
13.15 horas: Canicross Infantil.
13.45 horas: Entrega de Trofeos.

A concelleira de Igualdade, Lola Dopico, deixa o Concello
O Concello pide á Xunta autorización para pór medidas de seguranza viaria e accesibilidade na estrada de Marín
As tasas de delincuencia en Pontevedra están en cifras de "resistencia"
Éxito de público nas xornadas de portas abertas do CITA con motivo do Día internacional dos museos
A Concellería de Turismo actualiza a caseta informativa da praza de España converténdoa nun “collage” de espellos
O Concello quere pagar a proveedores en 30 días
Pontevedra acolle o “II Torneo Minibasket”, coa participación de 250 rapaces pertencentes a 11 clubs da provincia
A visión dos alumnos dos institutos da cidade sobre as condutas aditivas exposta no Concello
Antón Louro asina o convenio para o financiamento da quinta fase da Área de Rehabilitación de Estribela
Benestar organiza o curso “A arte como recurso” para profesionais das asociacións da cidade
Pequenas suturas ao alcantarillado para eliminar residuos
21 de Maio de 2012

[...]

Ampla oferta cultural para esta fin de semana en Maio, mes da lingua
18 de Maio de 2012

[...]

Saída de Natureza sobre rodas á Xunqueira da Gándara
18 de Maio de 2012

[...]

Obradoiro de cantos de arrolo en Maio, mes da lingua
17 de Maio de 2012

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 21.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 15.02.2012 polo Concello de Pontevedra.