Ponte a Londres e unha sesión lectora mañá en Maio, mes da lingua

47

A programación de Maio, mes da lingua recolle mañá as seguintes actividades:
• Ponte a Londres: Sesión conxunta cos catro centros participantes. Ás 10.00 horas no CEIP Parada-Campañó. Organizan los ENDL dos CEIP de Campañó, Lérez, Xeve e Cañada Blanch de Londres. Colabora a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.
• Sesión lectora: Por Mondoñedo e A Terra Cha. Textos de Díaz Castro, Noriega, Crecente, Cunqueiro, Iglesia Alvariño e Manuel María. Ás 20.30 horas no Local social do Burgo. Organiza a Asociación Sociocultural O Burgo.