Pecha a biblioteca do Centro cultural de Monte Porreiro para resolver unhas filtracións

67

O Concello acaba de detectar unhas filtracións na sala de biblioteca no Centro Cultural de Monte Porreiro, polo que anuncia que temporalmente pechará este espazo mentres se efectúan as reparacións pertinentes, xa que os servizos técnicos municipais xa fixeron unha valoración do problema.
A pesares do peche da biblioteca, os servizos continuarán prestándose noutras salas do Centro Cultural de Monte Porreiro (consulta de prensa, préstemo de libros…), ata que non se volva a abrir a biblioteca.