Os creadores artísticos da cidade sacan as súas obras á rúa Art-Ividades

48

A Concellaría de Xuventude xunto a un grupo de creadores artísticos da cidade organizan o vindeiro sábado, 7 de xuño, a xornada Art-Ividades, que se celebrará no Local Social Leste.
Entre as actividades previstas, que comezarán ás 12.00 horas, está a exposición de 13 artistas plásticos que amosarán a súa obra, ao tempo que tamén farán creación nos propios stands, para que as persoas que visiten Art-Ividades poidan asistir en directo o proceso creativo, un dos motivos para organizar esta xornada.
A xornada arrancará ás 12.00 horas cun acto inaugural e continuará coa actuación de Jesús Vidal, presidente da Asociación de músicos de Pontevedra ferve, e a apertura da exposición da ilustradora Alba Blanco.
• Ás 12.15 horas faranse retratos na rúa
• 16.00 -19.00 horas estará aberta a ludoteca
• Ás  16.00 horas farase entrega dos premios do concurso infantil Contrartividades
• 16.30 -18.30 h. Obradoiro de tatuaxes infantís
• 19.00 horas. Concerto de Querido Extraño
• 20.15 horas. Presentación da Asociación de músicos
• 20.30 horas. Jam Session.
• 22.00 horas. Peche do evento.