Obras de reparación da beirarrúa en Rafael Areses

70

O Concello de Pontevedra iniciou esta mañá obras de reparación na rúa Rafael Areses, na beirarrúa próxima ao río.
Trátase de correxir un afundimento que había neste lugar que dificultaba a mobilidade peonil na zona, que é especialmente transitada por moitas persoas que o empregan nos seus paseos diarios. Ademais, o Concello pretende mantelo en perfectas condicións de cara ás celebracións do Santiaguiño do Burgo, que se celebra nestes días.
Esta obra de reparación está fora do proxecto da avenida de Compostela, que está en tramitación.