Obras de rehabilitación integral e melloras dos espazos arqueológicos, novas obras do Centro Histórico

81

O Concello de Pontevedra está a elaborar un programa de obras de mellora e rehabilitación integral de distintas rúas e espazos no centro histórico para os anos 2015-2016 que estarán vinculados ás obras públicas do ARI solicitado para o Centro Histórico de Pontevedra no ano 2010 e concedido en 2012. O concelleiro responsábel do Centro Histórico, Luís Bará informou esta mañá que o Concello está a espera da inminente aprobación dos fondos para Pontevedra, logo de que o Consello de Ministros aprobara as consignacións para este fin.

Dentro da obra pública prevista ao amparo do Centro Histórico, o concelleiro anunciou as seguintes:

Reforma urbana integral: renovación de servizos e pavimentación

  • Platería vella
  • Tristán de Montenegro
  • Albar Páez
  • Praza da Ferraría: tramo entre as rúas Pasantería e o Paseo de Odriozola

Mellora do espazo público:

  • Actuacións na praza do peirao e en Valentín García Escudero. Cambiar o valado exterior do espazo arqueolóxico de Valentín García Escudero. Mellora da iluminación. Soterramento do transformador e mellora dos xardíns.

Mobiliario e equipamento urbano:

  • Sinaléctica de certos espazos: Espazo arqueolóxico de Santa María e de Valentín García Escudero
  • Quioscos da praza da Ferraría. Crear novos quioscos acordes co espazo no que se atopan e con materiais nobres: madeira e metal.

O concelleiro anunciou que o vindeiro mércores manterá unha reunión con Zona Monumental e a Asociación de Veciños Santa María para informarlles dos proxectos, que poderán chegar a un custe total de 1 millón de euros.