Obradoiro de creación literaria

214

A Concellaría de Cultura en colaboración coa Asociación de escritores en lingua galega organizan dende este sábado, 17 de xaneiro, un Obradoiro de creación literaria para todas aquelas persoas interesadas en coller soltura e poder enfrontarse aos textos.

O curso será impartido pola escritora Ledicia Costas, durante 10 semanas -até o vindeiro mes de marzo-, para un grupo de 25 persoas que se poderán inscribir no correo electrónico inscricions@pontevedra.eu. As clases impartiranse no Pazo da Cultura de 11 a 13 horas e nelas tratarase narrativa e tamén poesía. Recibirán a visita de Pedro Feijoo e abordaranse textos de autores galegos.

A inscrición é de balde e os interesados poderán facelo até o día anterior do inicio do obradoiro.