O rural e os barrios, prioridades do Goberno nos orzamentos de 2015

97

O Concello de Pontevedra debate mañá nunha sesión extraordinaria do Pleno municipal os orzamentos deste ano. Trátase dun documento que reserva 11,2 millóns de euros para investimentos, especialmente destinados ao rural e aos barrios urbanos.
Segundo o concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González Carballo, “é un orzamento moi inversor e o mellor posible dentro do marco normativo actual”. Ademais, este orzamento segue as liñas marcadas no actual mandato do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores -recollidas tanto no seu programa electoral como na súa investidura- de reforzar o investimento nas parroquias do rural así como dos barrios da cidade. As parroquias levan o 37,5% dos investimentos.
Divindo o capítulo de investimentos en cinco apartados, as partidas divídense:
1. Rural: 4,2 millóns
2. Urbano: 3.200.000 euros
3. Infraestrutura viaria: 2,1 millóns
4. Equipamentos: 1,1 millóns
5.  Servizos municipais: 600.000 euros

No capítulo de rural, as inversións van destinadas a:
1. Accesibilidade viaria: 1.820.000 euros
2. Abastecemento de auga potábel: 632.000 euros
3. Saneamento: 400.000 euros
4. Casas de cultura: 560.000 euros
5. Iluminación pública: 300.000 euros
6. Parques infantís/Zonas verdes: 175.000 euros
7. Patrimonio etnográfico: 75.000 euros
8. Monte Vivo: 75.000 euros
9. Colectores de lixo: 140.000 euros
10. ARI Estribela: 45.000 euros.

No  ámbito urbano, o capítulo de inversións reserva:
1. Rehabilitación de rúas: 1.550.000 euros
2. Accesibilidade urbana: 1.020.000 euros
3. Iluminación pública: 300.000 euros
4. Zonas verdes: 125.000 euros
5. Mobiliario urbano/Colectores: 145.000 euros

En infraestrutura viaria, os investimentos son:
1. Acceso sur (desdobramento da avenida de Vigo): 2 millóns
2. Ronda urbana: 140.000 euros

Dentro do capítulo investimentos, as inversións serán:
1. Cuberta do Pabillón Municipal de Deportes: 500.000 euros
2. Edificios e outras construccións: 325.000 euros
3. Expropiación de terreos: 200.000 euros
4. Obras en centros escolares: 50.000 euros

O último dos capítulos nos que se podería dividir este capítulo de inversións son as inversións para o correcto funcionamento dos servizos municipais, é dicir, reposición do vehículos para Policía Local, Bombeiros, para o Parque Móbil, maquinaria do servizo de obras, mobiliario, equipamentos informáticos… Para este capítulo está destinado un investimento de 600.000 euros.