O Principal acolle este sábado a quinta edición do Local Fest

44

Oito grupos de música participan este sábado a quinta edición do Local Fest que se celebrará no Teatro Principal. Cabe lembrar que foron 26 as bandas que se presentaron para participar neste festiva que pretende promover a escena musical emerxente, que busca pór en valor a creación musical de base.
As bandas escollidas polo xurado foron as seguintes:
• Atlantica
• De buena tinta
• El grito chino amenaza los continentes
• Juan Pablo Charlo
• La 4pared
• Test Hammer
• Visceral Eyes
• Voltage

No Local Fest o xurado concederá un premio (a gravación dun videoclip cunha productora audiovisual por valor de 1.000 euros); e o público concede outro premio (con votacións no mesmo evento) que consistirá nunha actuación remunerada na cidade na festa final do programa de Xuventude Noites Abertas.
Todos os grupos finalistas recibirán un premio da Asociación de músicos de Pontevedra “Pontevedra ferve”, que consiste nun programa formativo de orientación do proxecto musical e coaching para todas as bandas finalistas, que se desenvolverá ao longo de 2014.
O festival pecharase cunha actuación dun grupo convidado.