O primeiro paso de peóns da avenida de Compostela, en setembro

52

A Comisión de Infraestruturas tivo coñecemento esta mañá do proxecto de tratamento integral do Concello para a avenida de Compostela, e da primeira fase que se executará logo das festas do verán que terá un custe de 158.262,65 euros dos cales 61.000 euros son para novas pavimentacións e 32.000 euros para sinalizacións.

A primeira actuación será o novo paso de peóns na rúa Rafael Areses coa Ponte de Santiago, para mellorar a mobilidade entre Rafael Areses e a Ponte do Burgo, darlle continuidade ao carril-bici cara a ponte dos Tirantes. 

Nesta primeira actuación tamén se farán dous pasos elevados máis: o primeiro á altura do Pavillón Municipal (reformularase xa que actualmente ten forma de z) e un de nova creación fronte a Pasarón.