O Concello traslada a veciños de Mourente e Bora a situación do saneamento da N-541

81

O concelleiro delegado da parroquias de Mourente e Bora, Miguel Filgueira mantivo onte unha reunión cuns 100 veciños dos lugares de Pazo, Eirós e Carabelos, na parroquia de Mourente; e Teso, Corbal e Leirado, na parroquia de Bora, nun ambiente moi tranquilo e distendido.
O concelleiro comprometérase cos veciños a irlles informando sobre o saneamento a medida que houbera novidades ao respecto, por este motivo convocounos para explicarlles que xa se iniciaron os traballos para a redacción do proxecto do saneamento de todo o lugar; tamén se lle trasladou unha misiva a Fomento recordándolle o seu compromiso a urbanizar a estrada de Ourense; e tamén á Xunta de Galicia para que asine, canto antes, o terceiro convenio de saneamento do rural pontevedrés para poder acometer este proxecto e o resto das parroquias, canto antes.
Miguel Filgueira indicoulles que o primeiro interesado en que este proxecto saia adiante é o propio Concello, de feito comprometeuse a que o alcalde exporalle tanto á ministra de Fomento como á concelleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a necesidade de abordar este proxecto en conxunto. Na reunión tamén abordaron distintas cuestións de particulares das que o concelleiro xa é coñecedor.