O Concello renova os convenios coas asociacións que traballan no eido dos Servizos Sociais

68

O Xunta de Goberno aprobou esta semana a prórroga para o ano 2012 de diversos convenios asinados pola Concellaría de Benestar Social Municipal con distintas entidades sociais e sen ánimo de lucro da cidade. Trátase dos convenios coa Asociación Alba por 12.252 euros; co centro de transeúntes de Cáritas por 26.571 euros; co Comedor de San Francisco por 9.990,89 euros; e coa asociación Calor y Café por 10.670,25 euros.
O portavoz do Goberno, Raimundo González explicou que este acordo “demostra a sensibilidade do Goberno de Pontevedra por todas as cuestións relacionadas cos servizos sociais de ámbito local. De feito, non se reducen as partidas, senón que se manteñe a situación económica”.


A Xunta de Goberno Local acordou tamén personarse no recurso presentado pola empresa Ence contra as directrides do Plan de Ordenación do Litoral da Consellería de Medio Ambiente. O posicionamento do Goberno Local é para evitar a consolidación da empresa pasteira na ría de Pontevedra.