O Concello recibe a addenda do convenio de Ministerio de Fomento para o desdobramento da avenida de Vigo

75

A Comisión de Infraestruturas deu conta esta mañá da addenda ao Convenio co Ministerio de Fomento que formaliza os cambios sobre a financiación e execución do desdobramento da avenida de Vigo. O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera informou que o documento incorpora que o Ministerio de Fomento trasfire a financación ao Concello de Pontevedra, administración encargada da execución da obra.

O propio alcalde recordou que o Convenio co Ministerio de Fomento estase executando conforme aos plazos. Está a executarse a reforma do nó do Pino, que vai a bo ritmo e sen demasiados problemas de tráfico. A urbanización da estrada de Vigo tamén está feita e agora acométese o desdobramento da avenida de Vigo, na súa saída da cidade.

O alcalde lembrou que o Ministerio de Fomento presentou un proxecto para esa zona que non convencía o Concello dado que invadía do cauce dos Gafos e plantexaba un viario de catro carrís. O proxecto que propón o Concello está adaptado ao terreo e permite a recuperación ambiental do Gafos. Dado que se trata dun vial puramente urbán, o Concello entende, tamén, que debe facelo el.

Na addenda co Ministerio de Fomento, plantéase a transferencia de 2.450.000 euros para 2012; 2,3 millóns para 2013; e 2,3 millóns para 2014.