O Concello inicia os traballos para habilitar unhas 70 novas prazas de estacionamento para motos

100

O Concello de Pontevedra iniciou nestes días a creación dunhas 70 novas prazas de estacionamento para motocicletas e ciclomotores en distintos puntos da cidade. As prazas están sinalizadas cunha pintura de cor verde, para distinguila do asfalto, e debidamente indicadas con sinais horizontais que teñen un pictograma dunha moto.
O concelleiro Luís Bará comprobou esta mañá algúns dos puntos nos que se están a habilitar estes espazos. Até o de agora había certo desorde no uso do espazo público a este respecto, polo que neste proxecto o Concello habilitará doce novas zonas de estacionamento na cidade que se sumarán ás catro xa existentes.
Os criterios que se siguen para a instalación destes espazos son os seguintes:
• Situación das zonas no perímetro da área peonil
• Situalas nas zonas de máis actividade económica e comercial
• Complementar os equipamentos públicos

Na actualidade hai zonas de estacionamento habilitadas para motos nas Palmeiras, Andrés Muruais, Cobián Roffignac e na Casa do Mar. A intención do Goberno local é completar estes espazos con outros 12 ámbitos creando as seguintes prazas:

• Rúa Alameda (xunto ao Cafetín)
• Rúa do Rouco (ao carón do colexio)
• Frei Xoán de Navarrete (fronte ao vello Gónviz)
• Avenida de Vigo (enfronte do Frei Martín Sarmiento)
• Padre Gaite (fronte a entrada do Estadio da Xuventude)
• Cruz Vermella con Salustina Portela Pazos
• Joaquín Costa con Blanco Porto
• Loureiro Crespo (ao carón das urxencias hospitalarias)
• Tomás y Valiente (ao principio da rúa)
• Augusto González Besada (fronte ao Hotel Comercio)
• Cobián Rofignac (entre o Bingo e o Froiz)
• Paseo Colón (próxima á rotonda de San Roque)