O Concello e o Club Naval solicitan a Portos o dragado do Lérez até a ponte do Burgo

60

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a parte da diretiva do Club Naval de Pontevedra que reclama o dragado do río dende a ponte do Burgo, para poder manter a actividade que teñen na actualidade. O Club Naval ten unha historia que nace en 1932 e na actualidade peligra a súa actividade porque os lodos do río fan que quede en seco grande parte dos pantaláns cando baixa a marea.

Segundo explicaron directivos do Club, na actualidade unh dos pantaláns, de 20 amarres xa está en desuso por este motivo. Na actualidade a asociación ten 190 asociados, dos cales arredor de 120 teñen barcos, aínda que na actualidade só existen amarrados 100 embarcacións.

O alcalde comprometeuse a facer chegar ao presidente de Portos de Galiza, encargado do dragado do río a que amplíe o dragado previsto no canal da ría, e que o faga chegar até a ponte do Burgo, dado que é unha necesidade para o Club Naval pero tamén para evitar futuros asolagamentos das zonas que rega o Lérez.