O Concello e as asociacións organizan o sábado o Día da adopción canina

38

O sábado, 21 de xuño, celébrase o Día da adopción na praza de Ourense, de 11 ás 20 h co obxetivo de achegar a todos os pontevedreses as bondades e a necesidade de adoptar animais.
No Día da adopcion participan as asociacións e protectora de animais que desenvolven os seus servizos no concello e que se encontran desbordadas pola gran cantidade de abandonos que se están a producir: a protectora de animais “Os Palleiros”, Adopcións Galicia e Difusión felina.
Comezará ás 10.30 h cun paseo podenco, organizado pola protectora “Os Palleiros”, que sairá da Praza de España e percorrerá o casco vello en compañía dos cans. Deste xeito, Os Palleiros darán visibilidade á problemática que sufren os animais de caza, dos que moitos son abandonados cando deixan de ser útiles para este labor.
Ás 11 horas, o concelleiro delegado de Sanidade Animal, Miguel Filgueira, acudirá á inauguración do Día da adopción, acompañando ás asociacións e invitando a todos os pontevedreses a aportar o seu graniño de area na defensa dos animais.
Consistirá nunha mesa informativa e un mercadillo benéfico, para conseguir fondos para o mantemento das protectoras o dos coidados dos animais abandonados.
Voluntarios das asociacións ofrecerán información sobre os beneficios de adoptar e non mercar, darlle unha nova oportunidade aos animais abandonados e concienciar a xente da responsabilidade que supón.
É necesario afondar nas labores de concienciación que permitan unha convivencia axeitable entre as persoas e os animais, reducir ao máximo o número de abandonos e impulsar a adopción de animais en detrimento do mercadeo de animais.
Por outra banda, o domingo será a andaina con cans polo ENIL da Xunqueira de Alba, acompañados dun adestrador canino. O punto de encontro será nos arredores da imprenta de Deputación ás 9.30h.
O programa Yes, we can rematará o domingo, 29 de xuño, coa saída polo Pontillón do Castro, o punto de encontro será na zona de estacionamento do Pontillón, ás 9.30 h. Estas actividades requiren inscripción previa no teléfono 986 80 43 00 ext. 7584. Poderán participar uns 20-25 cans -por ruta- acompañados por un adulto.