O Concello consigna unha partida para o terceiro convenio de saneamento do rural

89

O concelleiro de Facenda e responsábel do ciclo da auga, Raimundo González explicou esta mañá que o Concello está a traballar xa no terceiro convenio de saneamento do rural pontevedrés, ao consignar unha cantidade nunha próxima modificación de crédito que o Concello poderá aprobar neste mes.
Segundo explicou Raimundo González está decisión débese ao acordo do Goberno de dar unha resposta aos veciños de Mourente e Bora, que veñen reclamando esta actuación.
Aínda que a contía podería chegar aos 50.000 euros, o concelleiro de Facenda explicou que é un convenio que poderá ser financiado en dúas anualidades, pero o importante non é tanto a contía que se consignará nesta modificación de crédito -na que aínda se está a traballar-, senón que figure unha partida específica para que o Concello poida iniciar toda a tramitación. De feito, Raimundo González recoñeceu que o proxecto poderá superar o millón de euros.
Unha vez feita esta consignación, o Concello dirixirase á Xunta de Galicia para asinar un terceiro convenio de saneamento, "e confiemos que se o asine porque sempre foi sensible a estes temas", indicou Raimundo González.
Raimundo González indicou que neste terceiro convenio a prioridade sería executar este proxecto que daría  posibilidade de conectarse á rede xeral de saneamento a unhas 130 vivendas que discorren no entorno da estrada de Ourense, entre as parroquias de Mourente de Bora.
A intención do concelleiro de Facenda é que esta modificación poida ir a o pleno ordinario de setembro, e senón convocaríase un extraordinario.