O Concello coa marcha solidaria contra a leucemia

52
O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a David Gil, organizador da V Marcha solidaria contra a Leucemia que se celebrou o pasado 8 de xuño entre Vigo e Pontevedra. Quixo achegarse a Pontevedra para agradecer ao alcalde a colaboración do Concello nesta marcha.
 
David Gil leva varios anos facendo campañas a favor da doazón de medula ósea co obxectivo de promover entre os cidadáns doen medula ósea. Até o de agora a colaboración económica desta marcha estaba destinada á Fundación Josep Carreras, pero na vindeira edición será á asociación provincial Adrovi, que frecuentemente fai campañas co apoio do Concello.