O Centro Sur ten novos inquilinos

94

Xoán XXIII, Amencer, Xuntos e Amizade serán as catro entidades sociais do ámbito da discapacidade que ocuparán un andar no Centro Sur da cidade. Así o pecharon coa concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces quen tamén adiantou que ademais das tres asociacións de veciños que ocupan o centro, tamén terán dependencias neste novo centro cívico: o Fondo galego de cooperación, a Sociedade Antropolóxica Galega, e Sociedad Polifónica de Pontevedra.

Cada entidade social encargarase de acondicionar cada planta segundo as súas necesidades. Xoán XXIII pretende crear algunha vivenda para discapacitados con certa autonomía, así como instalar a sede da Fundación para o emprego para persoas con discapacidade.

Xuntos trasladará todas as súas dependencias a este edificio.

Amencer daralle un uso residencial e creará vivendas protexidas.

Amizade trasladará a esta estancia o servizo de intermediación laboral e espazos para obradoiros de formación laboral.

Cada planta ten unha superficie duns 650 metros cadrados. E o Concello xa leva investidos arredor de 200.000 euros en melloras estruturais do inmoble como a eliminación de humidades. O Concello cederalles o uso pero reterá a propiedade do edificio