O avogado do Estado recurre a sentenza da paga de productividade de 2012

84

O Concello de Pontevedra recibiu a media mañá o recurso de apelación presentado polo Avogado do Estado contra o pago da paga de productividade abonada polo Concello de Pontevedra aos seus traballadores en novembro de 2012.
Nunha primeira valoración, o concelleiro de Réxime Interior, Vicente García Legísima explicou que “se o recurso primitivo foi político, esté é moito máis político que o anterior”, tendo en conta que a sentenza de primeira instancia si entra no fondo do asunto ao deixar claro que o Concello pagou a paga de productividade de deixou apartada no orzamento municipal a contía a fixada para o pago da paga extra de Nadal. Fronte a esta afirmación, o recurso do Avogado do Estado entende que o xulgado do Contencioso non entra no fondo do asunto.