O alcalde recibe a Pedro Trigo, revolucionario cubano participante no asalto a Moncada

103

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a visita do revolucionario galego-cubano Pedro Trigo López, de 86 anos que visita Pontevedra para impartir unha conferencia na facultade de Belas Artes esta tarde. Este fillo de emigrantes de Viveiro, é un heroe do asalto ao cuartel de Moncada onde coincidiu con Fildel Castro e Abel Santamaría.
Pedro Trigo, xunto ao seu irmán Julio, participaron no seu asalto. Ambos foron detidos, e o seu irmán faleceu.
Dende 1951 integrou o colectivo do 26 de xuño, e forma parte da loita revolucionaria. Unha vez con Castro no goberno, desenvolve diversas tarefas dentro do Estado cubano.
Os actos programados para esta tarde comezan ás 18.00 horas coa proxección do documental sobre o asalto a Moncada, e a continuación, sobre as 19.30 horas haberá unha mesa redonda na que participará o propio Pedro Trigo así como José Antonio Solana, cónsul xeral de Cuba para Galicia, Asturias e Cantabria.
No seu encontro Pedro Trigo lembrou toda a súa traxectoria como un dos líderes da revolución cubana, e o alcalde tamén lle manfestou a grande ristra de fillos de galegos que participaron naquela revolución como Abel Santamaría ou o propio Castro.
Pedro Trigo trasladoulle unha petición ao alcalde de Pontevedra. A posibilidade de coñecer o lugar de nacemento de Efigenio Ameijeiras Delgado, pontevedrés e único superviviente dos tres irmáns que participaron na revolución cubana. Segundo Pedro Trigo, o interese de Efigenio Ameijeiras sempre foi coñecer o lugar preciso de onde era oriundo o seu pai, e determinar lles quedaba familiar algún en Pontevedra.