O alcalde negocia con Patrimonio do Estado o futuro do edificio de San Francisco

40

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o portavoz do Goberno, Raimundo González entrevístanse mañá, ás 09.30 horas co director xeral de Patrimonio do Estado, Juan Antonio Martínez Menéndez, en Madrid, para abordar o propósito do Ministerio de Hacienda de pór á venda a súa sede na cidade, o antigo edificio de San Francisco, situado na praza da Ferraría.
Segundo manifestou o propio alcalde, o propósito da reunión é transmitirlle a vontade do Concello ao respecto do edificio: que non se descatalogue, que siga mantendo –na medida do posible- o seu uso público con actividade polo que propondrán que se transfira a outra administración como a Deputación ou o Concello.
Lores lembrou que o Concello ten moito que dicir ao respecto de calquera decisión que se tome sobre o edificio, porque se trata dun inmoble catalogado “e deben ser coñecedores da tramitación complexa que suporía descatalogalo”. Trátase dun espazo calificado urbanísticamente como equipamento e a súa substitución obrigaría a buscar outro espazo de equipamento semellante e, de ser clasificado como residencial (para que ocupe un hotel, por exemplo) obrigaría a buscar zonas verdes, espazos públicos, aparcamentos… na contorna “que é ampla, pero que resultaría bastante complicado de compensar dende un punto de vista urbanístico”.
O alcalde lembrou que mantén conversas co presidente da Deputación, Rafael Louzán para darlle para seguir dándolle un uso público ao edificio que se atopa na principal praza da cidade e que ten que ter actividade “para que xenere movemento na zona”.
O Concello explicaralle a normativa urbanística que pesa sobre o edificio elaborada polos servizos urbanísticos municipais e tamén lle exporán a historia do inmoble que consta no arquivo municipal.

Ver documento PDF
Ver documento PDF
Ver documento PDF