O alcalde co xefe superior de Policía de Galicia

42

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá ao novo xefe superior da Policía de Galicia, Jaime Iglesias. Tratouse dun encontro moi cordial e amigabel, de carácter oficial e de presentación polo seu novo nomeamento.

O alcalde desexoulle moitos éxitos na súa nova andaina como xefe superior da Policía, e toda a colaboración do Concello de Pontevedra, onde o propio Jaime Iglesias reside.