Novas papeleiras para o casco histórico e o ensanche

45

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a compra de 80 novas papeleiras para completar este mobiliario urbano no centro histórico e nas rúas perimetrais (Michelena, Peregrina, Benito Corbal…). É unha partida de 49.636,83 euros que permitirá instalar estas papeleiras que estarán pegadas ás paredes e fachadas de edificios, segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González Carballo.